Cargando resultados...
Manolo Cortés e Russ: "Poesía escénica e electrónica empastan perfectamente"
'O último home', dirixida por Borja Fernández, é unha comedia teatral a modo de recital poético... e viceversa
O espectáculo sitúanos ante a extinción da humanidade e expón, desde a evidencia, o feito de que unha soa persoa sobreviva ao resto
'O último home', este sábado 20 de setembro no Fórum Mertropolitano da Coruña
Manolo Cortés e Marta Gilino, en escena en "O último home"
G24.gal
19/09/2025 11:01
Última actualización 19/09/2025 17:27
Que pasaría se só quedase un ser humano na Terra? A pregunta non é doada, pero quizais teñamos respostas co artefacto cómico-poético que este sábado chega ao Fórum da Coruña: 'O ultimo home' unha peza escénica con texto e interpretación de Manuel Cortés que se acompaña en escena co proposta sonora de Dj Russ, Marta Gilino, que lle pón a atmósfera sonora a esta historia sen traumas, din eles, sen alarmas e con moito humor.