Cargando resultados...
'Made in Galiza', a peza de Sarabela sobre o amor á lingua propia
'Made in Galiza', a peza de Sarabela sobre o amor á lingua propia
Made in Galiza, a última montaxe de Sarabela, é unha adaptación dunha obra do escritor Sechu Sende
A obra estréase este xoves día 21 no Teatro Principal de Ourense e representarase tamén o venres 22 e o sábado 23
G24.gal
21/09/2023 15:10
Última actualización 21/09/2023 16:28
Arranca no Teatro Principal de Ourense a programación de teatro galego e faino coa última producción da compañía Sarabela. Made in Galiza é unha adaptación dunha obra do escritor Sechu Sende dirixida por Fina Calleja. Con moito humor e con amor reflexiónase sobre a nosa lingua e tamén sobre as estrañas relacións que ás veces establecemos na fala.