Cargando resultados...
Luz Campello: "Quixen deixar constancia das feridas que temos polo feito de vivir"
Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas é o novo poemario de Luz Campello
As feridas en corpo e mente provocadas polo cancro, o desamor e a resiliencia están presentes neste poemario
Luz Campello pertence ao movemento da nova poesía guitírica
G24.gal
25/11/2023 11:30
Última actualización 22/11/2023 17:17
A cultura é unha ferramenta útil para neutralizar a violencia machista. Hoxe 25N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e ímolo celebrar cunha activista cultural e feminista desde a poesía: Luz Campello. O seus libros, como o seu labor de traballadora social nun complexo hospitalario, sempre teñen unha perspectiva de xénero. É poesía escrita desde un eu feminista.