Cargando resultados...
Lucía Paredes: "O noso nome non o eliximos, pero márcanos toda a vida"
Cartografía dos nomes foi a obra gañadora do II Premio de Poesía Filomena Dato do concello de Bergondo
Os poemas trazan unha ruta que visibiliza a historia que reside detrás das vidas anónimas que nos rodean
G24.gal
08/05/2023 14:50
Última actualización 08/05/2023 16:27
Asunción. Abro as mans, e non atopo, nin ronsel, daquela liña, que amarraba, sen esforzo, sete días de quietude. Asunción é un nome, un poema tamén, un dos que compoñen a Cartografía dos nomes de Lucía Durán Paredes. Un poemario que reflexiona sobre a importancia dos nomes, eses que, por algún motivo, van quedando para sempre na memoria, nomes que, ás veces, pertencen a persoas das que ninguén fala e, que non obstante, dalgunha maneira nos van construído a nós mesmos.