Cargando resultados...
Luísa Villalta, compromiso e cidade
Militaba no nacionalismo galego, era membro activo da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Mesa Pola Normalización Lingüística
No poemario En Concreto disecciona e canta a súa cidade, Villalta, a cidade alta, unha Coruña nunca nomeada
En Santiago dez días antes de morrer defende unha Palestina hoxe masacrada na presentación de Intifada
G24.gal
15/05/2024 13:31
Última actualización 15/05/2024 16:45
Durante toda a sua existencia, Luísa Villalta mostrou un compromiso, que transmitiu á súa extensa obra, nacido dunha fonda reflexión sobre a vida e a sociedade. Este compromiso amosouse na súa participación en mobilizacións cidadás, na militancia política, en iniciativas culturais e, por suposto, en libros que debullaron a súa máis inmedita contorna: a cidade da Coruña.