Cargando resultados...
Lois Patiño: "Con Samsara quixen ampliar a perspectiva de como a morte pode ser concibida"
Lois Patiño convida a unha meditación colectiva nos cinemas cos ollos pechados
Samsara é o ciclo budista da morte e reencarnación
Samsara chega aos cines o día 20 e o venres 22 presentación e coloquio en Numax, Santiago
G24.gal
15/12/2023 14:37
Última actualización 15/12/2023 17:07
O libro tibetano dos mortos lánzanos a mensaxe de que a arte de morrer é tan importante como a de vivir. Precisamente esta idea foi a orixe de Samsara, un filme de Lois Patiño tan especial que incluso podemos visionalo con ollos pechados.
Non é a primeira vez que Lois Patiño investiga filmicamente a morte e o mais alá, pero en Samsara sobe a aposta por filmar o invisible traspasando as convencións da ollada do espectador.