Cargando resultados...
Leo de Matamá: "Neste mundo virtual tento pescudar onde está a acción: eles teñen o poder, pero nós somos máis"
O Leo reaparece con descargas de rebeldía en Libre de libro, un volume editado por Chan da Pólvora
A memoria familiar é a gran protagonista, en especial a súa nai, de quen aprendeu o espírito da revolta
Este sábado Leo de Matamá participa en Lugo na XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Das regueifas ás músicas actuais
G24.gal
26/10/2023 14:50
Última actualización 26/10/2023 16:32
"A modernidade engádelle ao libro liberdade: non precisa cobertura". Nalgún punto fóra de cobertura este verso abre o poemario Libre de libro. O Leo volve cos seus poemas rebeldes porque "do choio non se vai ao dereito para a cama".
Hoxe O Leo, o de Matamá, o de Angrois, o do monte e da revolución, acompáñanos no Zigzag.