Ker Cuez: "Eramos catro gaiteiros e un frautista que queriamos ter un grupo de folk"
O proxecto de Ker Cuez ofrece unha mestura do vello e o novo folk con timbres e harmonías actuais
Noctámbulos, o seu novo disco, recolle a música que xa están levando aos escenarios dende os anos 90
Próximos concertos de Ker Cuez: o 27 de maio, Espazo X. Bonaval e o 4 de xuño en O Piro, en Teo
"Galicia. Abril de 2035. Os plans gubernamentais para destrución da música galega deron paso a aprobacion do 'RD para la erradicación de músicos de raíz y malhechores' con penas de cárcere para quen toque ritmos autóctonos".
Así comeza o videoclip de presentacion de Noctámbulos de Ker Cuez. Unha banda cun longuísimo historial pero con poucas probas discográficas da música que levan perpetrada en concertos, festivais e todo tipo de reunións folks. Agora, por fin, estes Noctámbulos, foron atrapados nun cadro do mesmísimo Edward Hopper, que serve de carátula do seu disco.