Cargando resultados...
José Sellier: "Sabemos que José foi dos primeiros que mercou un cinematógrafo Lumière"
Fai cen anos do falecemento na Coruña de José Sellier, pioneiro na rodaxe e proxección de películas
O 20 de xuño de 1897 Sellier rodou o enterro do Xeneral Sánchez Bregua
Sellier rodou tamén imaxes da Coruña desde a ondada do Orzán ao Cantón Grande e a fábrica de gas
Alfredo Sellier, descendente de José Sellier
G24.gal
10/12/2022 11:30
En 1897, as portas da fin de século, os habitantes da Coruña tiveron ocasión de ver imaxes en movemento. O trebello que permitía facelas fora inventado polos irmáns Lumiere en Francia e a les llo mercou un fotógrafo de orixe francesa asentado na cidade da Coruña. José Sellier é xa parte da historia de Galicia polas cintas que el mesmo rodou con aquel rudimentario cinematógrafo.