José Luís Losa: "Hai xente no poder que pensa que os festivais de cine son inconvenientes"
Puan, de B. Naishat e María Alché, abre o festival mañá martes
A edición 37, dacabalo entre a risa e a reflexión histórica e política, reinvidica a comedia subversiva e os festivais como celebración
Cineuropa 37: do 9 ao 25 de novembro en Santiago de Compostela
Tolo, tolo, tolo, así é como se nos presenta este ano Cineuropa. O festival compostelán fai 37 anos reivindicando a comedia como subversión. Porque, di o seu director, "non existe nada máis subversivo, para quen desexa exterminar o público, que unha sala de cinema poboada por cidadáns desexosos de ver imaxes desencorsetadas nunha pantalla". Falamos con Jose Luís Losa da edición que comeza este xoves en Compostela que quere ser, nestes tempos, un lugar para rir, para reflexionar e para loitar contra os 'odiadores de festivais'.