Jorge e Rafa Rey: "Temos público que viñan de nenos e agora traen os seus fillos"
O Festival Internacional Galicreques ofrecerá na súa 30ª edición 16 funcións para o público escolar
Este ano volve Cara Bé, a programación para persoas adultas que enche o festival de estreas e propostas arriscadas
Galicreques, Festival Internacional de Títeres, do 11 ao 19 de outubro, Santiago de Compostela
"Os títeres son curvos, retortos, son rebeldía... Os títeres son underground, os títeres son adultos, son crueldade, son crítica, son sátira".
Así se presenta a programación da Cara Bé do Festival Internacional Galicreques que comeza este sábado en Compostela a súa edición número 30. Así que hoxe é bo día para saber algo máis de toda a programación deste festival que se vai desenvolver en disitintos espazos da cidade de Santigo con compañías procedentes de Chile, A Arxentina, Italia, compañías de varios lugares de España e, por suposto, con compañías galegas. Organizándoo todo, a Asociación Barriga Verde, e á fronte, os Rey, Jorge e Rafa Rey.