Jesús Silva: "'Sirat', para Oliver Laxe, é o seu filme máis accesible e radical"
'Sirat', de Oliver Laxe, e 'Romería', de Carla Simón, competirán pola Palma de Ouro en Cannes
Na carteleira desta semana escolmamos 'Muy lejos' e 'La niña de la cabra', da colleita do Festival de Málaga
Oliver Laxe volve ao Festival de Cannes por cuarta vez, tras conseguir premios nas anteriores ocasións. Será co filme 'Sirat', que chega ás pantallas o 6 de xuño. Nel dirixe a Sergi López e Bruno Núñez, que na ficción percorrerán Marrocos de rave en rave buscando a súa familiar Marina.
Carla Simón conta en 'Romería' a súa infancia en Vigo. Chegará aos cines en setembro. O filme é unha viaxe a Galicia coas drogas e a SIDA dos anos 90 como pano de fondo.
'Muy lejos', de Gerard Oms, é un drama psicolóxico dun seareiro dun equipo de fútbol que tras un ataque de pánico decide cambiar de vida.
'La niña de la cabra', de Ana Asensio, conta a historia dunha nena que entra no mundo adulto trala morte da súa avoa ao coñecer a unha rapaza de diferente extracto social.