Javier María López: "Herminio tocaba a trompa subliñando o seu aspecto melódico"
Herminio Villaverde. A trompa na Fonsagrada está publicado na colección Chave Mestra de aCentral Folque
Este volume, a primeira gran monografía sobre a trompa ou na tradición musical galega, sobre todo na zona das montañas orientais
Herminio Villaverde, o Cazote, foi un dos tocadores de trompa máis populares e mediáticos nas décadas dos 70 e 80
A trompa xa a tocaba seu avó Antonio e algún familiar, pero foi cando ía co gando cando Herminio Villaverde, o Cazote, desenvolve as súa habilidades co instrumento.
Na década dos setenta a súa aparición no programa Raíces de Televisión Española foi todo un acontecemento. Despois participou no disco La Voz Antigua do selo Guimbarda. Nos anos 80 o nome de Herminio xa era coñecido.
Agora, o investigador Javier María López recupera a importancia deste músico nunha publicación de aCentral Folque.