Publicador de contidos

Publicador de contidos

Janet Novás, a danza que xoga cos límites do corpo e das emocións

Janet Novás, a danza que xoga cos límites do corpo e das emocións

Nunha das súas últimas performances reflexionaba sobre o cansazo que provoca a exposición do corpo no espazo escénico

A última vez que a vimos actuando en Galicia foi este verán na Bienal de Pontevedra co proxecto She Night

O xurado do Premio Nacional de Danza na modalidade de interpretación resalta a excelencia técnica e o gran magnetismo da bailarina e coreógrafa galega 

G24.gal 03/10/2025 16:32 Última actualización 03/10/2025 16:41

A danza colócanos nun lugar de máis verdade e de máis coherencia. Son palabras de Janet Novás tras ser galardonada co Premio Nacional de Danza na modalidade de interpretación. Deste xeito recoñécese a sólida traxectoria da bailarina galega que en todo os seus espectáculos amosa unha profunda e persoal investigación corporal. Este premio chega un ano despois de que Novás obtivera o Goya á mellor actriz revelación polo seu papel na película O corno. Janet comparte o Premio Nacional de Danza co coreógrafo andaluz Guillermo Weickert, neste caso na categoría de creación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade