Iria Sobrado: "Marta Carrillo fainos reflexionar sobre canto hai de conciencia colectiva na lactación"
Iria Sobrado: "Marta Carrillo fainos reflexionar sobre canto hai de conciencia colectiva na lactación"
'A peito descuberto' é un espectáculo íntimo de pequeno formato que nace de situacións persoais desesperadas plasmadas na aplicación de notas do seu teléfono móbil
Carrillo quería trasladar ao contexto teatral a esencia dos grupos de apoio á lactancia e á crianza e crear espazos onde poder desafogar sen sentírense xulgadas
Puido verse estes meses en Unitaria, en Santiago, e no festival VigoFem
“Aleitar a miña filla é das experiencias máis salvaxes que teño atravesado na vida, e compartir un acto tan íntimo en escena, sitúame nunha posición de extrema vulnerabilidade. Asumir este risco semellaba impensable antes de ser nai, pero agora sinto a absoluta necesidade de facelo, e de converter a miña viaxe nunha narrativa compartida, nunha ferramenta de apoio para outras nais lactantes”.
Esa foi a premisa da proposta da coreógrafa e actriz Marta Carrillo, que quería levar ao contexto teatral a súa experiencia como nai aleitadora. A peza chámase 'A peito descuberto', e Iria Sobrado, que foi vela, quere falarnos dela.