Iria Sobrado: "En Abanea atópaste coa celebración da danza en lugares insospeitados"
Entre as actividades de Abanea nesta último edición o podcast de Carlota Mosquetera, obradoiros de danza e performaces
Participaron compañías de Chile, Canarias, Valencia, Madrid...
Entre os participantes galegos a compañía de Fran Sieira, Andrea Castro ou Glovo
As escénicas e artes vivas non entenden de vacacións e durante os meses de verán sucederon encontros como o festival de danza e movemento Abanea que percorreu varias localidades galegas: Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova.
Seguíndolle a pegada andou Iria Sobrado, que este ano volve ao estudio para contarnos todo canto sucedeu en escena.
ABANEA é un festival de danza e movemento itinerante. Non se deseña para unha localidade concreta, é un festival que oferta danza en pequenas e medianas vilas, un lugar de encontro do movemento coa poboación.