Cargando resultados...
'Irene a porteira', a novela gráfica da primeira futbolista do país
No guión Óscar Losada, e nas ilustracións Xulia Pisón
Irene González era a capitana do Irene Fútbol Club e o foi a primeira en xogar sen ocultar o seu xénero
O cómic está editado pola Universidade da Coruña
G24.gal
23/06/2023 15:09
Última actualización 23/06/2023 16:32
Dun personaxe único a unha muller única tamén, Irene González. Nos anos vinte foi a primeira rapaza que rompeu barreiras no fútbol, ao se converter en porteira e capitá do equipo masculino Irene Fútbol Club. A banda deseñada Irene, a porteira, de Xulia Pisón e Óscar Losada, conta a historia dunha nena que levou a súa paixón máis alá dos límites establecidos para as mulleres da época.