Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Hermine" perde forza e pasa de ciclón a borrasca subtropical

"Hermine" perde forza e pasa de ciclón a borrasca subtropical

No arquipélago canario deixou 800 incidencias nun día

As chuvias e o vento van ser máis intensas este luns nas illas

G24.gal 25/09/2022 21:14 Última actualización 25/09/2022 23:01

Hermine, o que fora ciclón agora é unha borrasca subtropical ao perder forza, segue afectando ao sur das Canarias. Deixa incidencias importantes sobre todo na Palma, O Hierro e Gran Canaria, nas que se decretou a alerta vermella. 

No arquipélago deixou 800 incidencias nun día. Houbo desprendementos en Valverde, no Hierro, asolagamentos en varios municipios da Palma, caídas de árbores sobre coches estacionados, e incidencias no tendido eléctrico en Tenerife e no Valle Gran Rey na Gomera.

En Gran Canaria, afundiuse parcialmente o firme da estrada do Dragonal e a estrada de Telde e varios garaxes e sotos están anegados. 

Un total de 215 voos foron cancelados e 25 desviados este domingo, a maioría en conexión con Tenerife Norte e A Palma. O aeroporto de Lanzarote quedou parcialmente anegado. Ademais, Eurocontrol activou o "Rate Cero" polo que ningún voo a Gran Canaria ou Tenerife poderá saír do seu destino ata que decaia a medida. 

A peor parte levárona o leste da Palma, O Hierro e o sueste de Gran Canaria. As tres illas seguen en alerta máxima. Están en aviso vermello. O resto das Illas seguen en aviso laranxa.

Hermine diríxese cara ao oeste, cara ao mar. Aínda así, as vindeiras horas, especialmente durante a madrugada e as primeiras horas deste luns, as chuvias e o vento van ser aínda máis intensas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade