Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Galicia estaba en débeda co exilio mexicano e con Florencio Delgado Gurriarán", di o sobriño do poeta

"Galicia estaba en débeda co exilio mexicano e con Florencio Delgado Gurriarán", di o sobriño do poeta

"Desde onde estea, Florencio verá que é importante, universal e hoxe está con todos nós para celebrar as Letras Galegas de Florencio", salienta Ricardo Gurriarán

G24.gal 17/05/2022 11:03

Os actos de lembranza sucederanse por toda Galicia. Os actos centrais vanse desenvolver en Valdeorras, onde se celebrará tanto a homenaxe da Xunta coma o pleno extraordinario da Real Academia Galega.

En Valdeorras vai ser un día especialmente emotivo, celebran o seu mellor embaixador, celebran a figura de Florencia Delgado Gurriarán, a quen está dedicado o día das Letras Galegas.

Os actos de homenaxe da Xunta comezan as 11 desta mañá no teatro Lauro Olmo. Xusto na entrada do teatro a hai unha exposición e o seu comisario é Ricardo Gurriarán, que é historiador, biografo e sobriño e Florencia Delegado Gurriarán.

"Foi un activo moi importante do exilio e que cohesionou a moita xente.". "No escenario do exilio mexicano e por ser poeta desta terra. Florencio ten itinerario de compromiso moi importante. So estivo 14 anos en Valdeorras, marchou polo que pasou e toda a vida estivo na punta da actividade socio-política e da creación poética", salienta o sobriño da Figura de Florencio Delgado Gurriarán como merecedor de que se lle dedique o Día das Letras Galegas.

"Galicia estaba en débeda co exilio mexicano e con Florencia Delgado Gurriarán", di o sobriño, "desde onde estea, hoxe Florenci verá que Florencio é importante, universal e hoxe está con todos nós para celebrar as Letras Galegas de Florencio".

Explica o sobriño, Ricardo Gurriarán, que a obra de seu tío "é variada, de poemas circunstanciais e os escenarios diferentes", que cantou "á Valdeorras, á nosa lingua nosa cultura e a nosa identidade" e que  puxo en valor "a toponimia de Valdeorras e a mexicana. Na Guerra Civil foi Francófobo e a súa pluma estaba ao servizo leal da República". Tamén destaca as traducións que seu tío fixo de poemas importantes franceses  e ingleses.

Ricardo Gurriarán sorpréndese hoxe do coñecemento que ten a xente da figura de Florencio, "logo do traballo realizado desde Valdeorras, desde Ourense e desde as institucións da Xunta", porque "ata agora era un poeta non demasiado coñecido", di.

"Tiña moi presente Galicia, compromiso pola terra e pola lingua malia estar en México, grazas a el a súa familia e gue falando galego e coñecendo a súa cultura", salienta o sobriño do poeta de Valdeorras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade