Francisco Fdez. Naval: "Os cetáceos son o corazón e o espírito do mar"

O autor dedicou décadas ao libro Ser cetáceo,  no que olla as baleas desde todas as perspectivas

De debuxos a fósiles, pasando pola caza, Galicia ten unha ampla tradición coas baleas

Bioloxía, arqueoloxía, historia, ou filosofía forman parte deste libro sobre cetáceos
 

G24.gal 04/11/2023 11:30 Última actualización 31/10/2023 17:10

Naceu con máis de cinco quilos de peso, e dado o tamaño da criatura que viña, o doutor Echegoyen acordou cesárea. Cando viron o neno, rosado, fermoso, as enfermeiras dixeron: “Isto non é un neno, é un cachalote”. Foi o primeiro contacto coas baleas nada máis chegar ao mundo. Un contacto e unha fascinación que seguiu de neno e mozo e que levou o home a estudar profusamente estes seres que fixeron o camiño inverso e da terra foron vivir ao mar. O camiño tras os cetáceos que tamén fai o autor, nado na terra de Ourense.

Francisco Fernández Naval asina Ser cetáceo despois de 20 anos de estudo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade