Cargando resultados...
Fran Canosa: "No cabo Ortegal hai patrimonio xeolóxico que na maior parte da terra non se pode ver"
Mañá, o complexo xeolóxico de Cabo Ortegal entra na rede mundial de xeoparques, a Unesco Global Geopark
A candidatura impulsárona os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño
Neste momento hai declarado 177 xeoparques en 46 países. Galicia ten xa o Xeoparque da Montañas do Courel
Fran Canosa, doutor en Xeoloxía e divulgador
G24.gal
23/05/2023 15:26
Última actualización 23/05/2023 16:35
Mañá é un día agardado nas comarcas de Ortegal e Ferrolterra. Sete municipios desta zona foron unha das partes impulsoras para que os seu patrimonios xeolóxico entre na rede dos Xeoparques Mundiais da Unesco. Por fin, chegou o momento, e este será o Xeoparque nº 178 do mundo, falamos cun dos impulsores do proxecto, o xeólogo Fran Canosa.