Fran Alonso: "A poesía é unha arma para volvernos recoñecer na palabra"
Poetízate, na súa 21ª edición, inclúe códigos QR que remiten ás voces dos poetas, a súa imaxe ou ás súas cancións
A antoloxía propón unha viaxe pola poesía máis próxima, desde Rosalía de Castro ata as novas xeracións de poetas
Coas escollas da antoloxía, publicada por Xerais, trátase de derrubar os tópicos negativos que rodean o xénero
"Podo asegurarche que entre as bondades da poesía está a de curar os grans da cara. Pero é que tamén cura os pés planos, a dor de cabeza, a asma, as feridas imprevistas, as dores de amor, os enfados entre amigos...".
Hoxe é Día da Poesía, e recollemos as marabillas curativas que Fran Alonso leva anunciando desde hai 18 anos neste libro: Poetízate. Antoloxía da poesía galega.
Unha viaxe pola poesía é o que nos propón Fran Alonso nesta antoloxía que vai xa pola edicións número 21. Actualizada xa varias veces deste Poetízate ábrenos agora novos xeitos de achegarnos aos poemas e aos poetas. Iso si, o obxectivo segue sendo o mesmo: derrubar tópicos e conseguir que máis xente se achegue e goce con este xénero.