Cargando resultados...
Fotógrafas galegas participan nunha campaña para Médicos sin Fronteras en Gaza
A campaña Fotos por Palestina recada fondos para varios hospitais ao sur de Gaza
As imaxes véndense na web ata o próximo 27 de febreiro
Na campaña participan Cristina García Rodero, Chema Conesa e as galegas Vanessa Casteleiro e Ruth Montiel, entre outras
G24.gal
16/02/2024 15:04
Última actualización 16/02/2024 16:37
Non quitar o foco do conflito e actuar fronte a barbarie é a filosofía da campaña Fotos por Palestina promovida polas fotoxornalistas da asociación Contamos el Mundo.
Case 200 imaxes, once delas de profesionais galegos, puxéronse á venda co fin de recadar fondos para Médicos sin Fronteras en Gaza.
Desta iniciativa falamos con dúas das fotógrafas galegas que doaron os seus traballos.