Fóra do Mapa: xornadas de "cariño" escénico para Ferrol
Hoxe venres e mañá sábado celebránse as últimas xornadas do festival Fóra do Mapa
A performance 'Metaprometeus', escrita e interpretada por Iago García, mañá no antigo cine Avenida
Esta tarde na terraza do Parador Nelu Vermouth interpretará a peza 'Info'
Fóra do Mapa aposta, unha edición máis, e xa é a sexta, polo teatro de pequeno formato e pola recuperación do patrimonio esquecido da cidade. O abandonado cine Avenida, referencia para varias xeracións de cinéfilos, é desta volta o escenario da obra Meta-prometeus protagonizada por Iago García. E a terraza do parador, que nunca se inaugurou, acolle a performance 'Info', de Nelu Vermouth. Son só dúas das pezas que nestas xornadas finais do Festival enchen de teatro o barrio ferrolán da Magdalena.