Festival Intersección, a sétima arte sae das salas de cinema para estenderse polos museos
A competición divídese en tres grandes seccións: Internacional, Galicia e Fulgor, dedicada aos novos valores
Nesta fervenza infinita de imaxes todo suma: cámaras, teléfonos móbiles, videoxogos, animacións, superoito, vídeo, cinema, instalacións artísticas
A retrospectiva de Travis e Erin Wilkerson mostra o traballo de campo destes cineastas comprometidos co cine político e revisión critica do capitalismo
As novas narrativas do cinema máis experimental desenvólvense estes días no Interseccións da Coruña.
Ata o sábado vindeiro case 120 obras de 36 países e un cento de profesionais conflúen neste encontro, un mosaico de linguaxes anovadoras. Na Fundación Luís Seoane a exposición Nuclear Family Fieldwork de Travis e Erin Wilkerson mostra a súa critica visión do capitalismo, a clase obreira e o racismo nos Estados Unidos.