Festival Animacción, cinco días de cultura cinematográfica de animación para todos os públicos
IX Festival Internacional de Cine de Animación, Animacción, ata o 1 de novembro na Coruña
Ademais das proxeccións no Animacción organizan encontros con directores como Salvador Simó e Juan Pablo Zaramella
As sedes do festival son a Real Academia Galega de Belas Artes, a Filmoteca de Galicia e o Fórum Metropolitano da Coruña
As peores gaiolas son as que creamos para nós mesmos, é o momento de que saias da túa cuncha. A frase é dun dos personaxes da premiadísima 'Memorias dun caracol', de Adam Elliot, unha das películas que podemos ver esta semana no Animacción, o Festival Internacional de Animación da Coruña.
A programación inclúe longametraxes, documentais, curtas e tamén conversas. De feito, desta hora na Real Academia Galega de Belas Artes, unha das sedes do festival, o público mantén unha charla en liña co director Salvador Simó.