Cargando resultados...
Visitamos 'Galicia urbana', unha mostra de fotografías de Manolo Laguillo no CGAC
Exposición 'Galicia urbana', de Manolo Laguillo, no CGAC do 23 de outubro ao 7 de febreiro
Foron 40 días repartidos en 4 viaxes que deron como resultado 5.000 fotografías
Laguillo documenta a paisaxe urbana conforme a unha visión moi persoal en que o foco está posto na xeometría dos edificios, das rúas e as esquinas pero tamén dos descampados, os terreos edificables ou os coches aparcados
G24.gal
10/11/2026 10:15
Baixo o título 'Galicia urbana', o CGAC expón ata o 7 de febreiro unha mostra de fotografías de Manolo Laguillo realizadas por encargo do museo. O fotógrafo catalán pon o foco nas edificacións das cidades galegas para ver o seu impacto na paisaxe.