Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manuel Rial fálanos hoxe da basílica de San Martiño de Mondoñedo e do báculo do bispo Gonzalo

Manuel Rial fálanos hoxe da basílica de San Martiño de Mondoñedo e do báculo do bispo Gonzalo

O máis probable é que a igrexa de san Martiño de Mondoñedo teña orixes no século IX, cando se di que se trasladou a sé de Dume, ao lado de Braga, ao norte galego, pola presión islámica

Foi no século XII, cando se decide mudar a sé da diocese desde este lugar de Foz, que estaba situado a uns 5 km da costa, moi perigoso, ao interior a ese Val de Brea, que pasou a chamarse “Mondoñedo”

G24.gal 10/11/2026 10:18

Hoxe viaxamos á Mariña, a moi poucos quilómetros do mar Cantábrico, en Foz. Alí érguese un dos templos máis antigos e monumentais do noso patrimonio: a basílica de San Martiño de Mondoñedo.

De Gonzalo Froilaz conservamos o seu anel e o báculo, os símbolos bispais por excelencia. Apareceron na súa tumba e son unhas das xoias medievais galegas máis singulares. O anel é de ouro, cun cuarzo translúcido suxeito por catro cabeciñas de paxaro moi ben traballadas. O báculo, ese bastón co que ser “pastor” do seu rabaño, é tamén fermoso, de bronce cicelado cunha forma de animal, de serpe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade