Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Eventos G" desvela os segredos xamais contados da orquestra Os Satélites

"Eventos G" desvela os segredos xamais contados da orquestra Os Satélites

O espazo da TVG comeza ás 22:50 horas

G24.gal 02/01/2022 12:43

Esta noite teñen unha cita co espazo Eventos G, da Televisión de Galicia, e coa historia da orquestra coruñesa Os satélites, que leva máis de oitenta anos amenizando as verbenas do país.  

Non vai faltar a música pero, ademais, coñeceranse todos os detalles dunha pequena animadversión que gardan coa Olympus, tras contratar a cantante Alba Navarro.

A guerra entre ambas as dúas agrupacións ten dous contendentes. Por unha banda está Pepe, dono da orquestra Olympus, e por outra Javier Saavedra, director dos Satélites. Pepe tirou de talonario e parece que a Javier non lle sentou moi ben.

Alba non dá chío, pero esta noite, no Eventos G: Os segredos xamais contados dos Satélites, poderemos coñecer toda a verdade desta fichaxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos