Cargando resultados...
Evaristo Calvo: "A propaganda política fixo un monstro de Ricardo III"
Evaristo Calvo métese na pel de Ricardo III en 'Mala vida e pior morte de Ricardo III'
Antón Coucheiro é o director escénico desta montaxe sobre a lenda negra do rei que inspirou a personaxe shakespeariana
'Mala vida e pior morte do rei Ricardo III', o 21 e 22 no Gaiás, dentro do ciclo Clásicas Desfeitas
G24.gal
20/02/2025 14:40
Última actualización 20/02/2025 16:53
Fronte á lenda negra daquel que dixo "o meu reino por un cabalo", e que foi descrito por Shakespeare como tirano e deforme, asasino e conspirador, é posible que levemos unha sorpresa?
Evaristo Calvo mergúllase na condición humana deste monarca inglés para presentarnos 'Mala vida e pior morte do rei Ricardo III'. Un monólogo que promete romper, como mínimo, co mito.