Cargando resultados...
Os micromachismos na danza, segundo Et Sutseia Danza
O que non se ve representa, a través da danza, a forza e a loita das mulleres na sociedade actual
Actualizan cancións rescatadas da tradición oral galega engadindo novas sonoridades
Estrea no teatro Principal de Santiago o venres 28 de abril
G24.gal
27/04/2023 15:12
Última actualización 27/04/2023 16:41
Mañá venres Et Suseia Danza estrea O que non se ve. O espectáculo mestura a danza tradicional galega coa contemporánea con dúas bailadoras. Representa, a través da danza, a forza e a loita da muller na sociedade actual. Todo iso acompañado dunha música rescatada da tradición oral, que engade novas sonoridades para a súa posta en escena.