"Estamos desilusionados, pero temos que centrarnos na liga"
Rafa Benítez pide unión e que "non se perda enerxía con tema de adestradores, xogadores e fichaxes"
O Celta chega desilusionado despois da eliminación da Copa o martes. A imaxe non foi boa e así o fixo saber a afección. Os seareiros non están contentos e empezaron os primeiros berros contra o adestrador.
Mañá ás 14 da tarde visita Balaídos o líder, o Xirona. E, por iso, Rafa Benítez non quere falar do negativo, e si do positivo. O técnico amosouse moi optimista na previa, convencido de que a situación do equipo vai mellorar nas próximas semanas. Pero advertiu da dificultade do partido máis inmediato, contra o primeiro clasificado.
Benítez asegurou que fixeron cousas mal e que xa están analizadas. Ademais, tamén chegaron rumores sobre unha posíbel nova incorporación. Parece que anda cerca a chegada dun xogador atacante.
"O Celta necesita aproveitar as ocasións que ten. Se homes de arriba ven porta, non habería problema".