Cargando resultados...
EQX, buscar o equilibrio a través da electrónica
EQX mestura diferentes xéneros dentro da música electrónica, abríndose a innovación e a experimentación
Pola é o último videoclip, no que colaboran a cantante Elba e a creadora Inma Veiga
Forman parte da nova xeración de música electrónica galega e o seu vindeiro concerto será o 14 de xuño en Madrid
G24.gal
08/05/2024 14:33
Última actualización 08/05/2024 16:20
EQX e un proxecto musical que naceu na provincia de Lugo durante a pandemia co obxectivo de explorar, experimentar e innovar con diferentes xéneros dentro das posibilidades que ofrece a música electrónica.
Pola é o seu último traballo, un videoclip da directora Inma Veiga, cun tema de Paula Guitián, no que colabora a cantante Elba.