Publicador de contidos

Publicador de contidos

'El buen patrón', favorita aos Premios Goya con 20 candidaturas

'El buen patrón', favorita aos Premios Goya con 20 candidaturas

Blanca Portillo, Emma Suárez, Penélope Cruz e Petra Martínez, candidatas a mellor actriz

Luís Tosar competirá con Javier Bardem, Javier Gutiérrez e Eduard Fernández polo premio a mellor actor

Celso Bugallo opta á estatuíña de mellor actor de reparto

G24.gal 29/11/2021 11:42

'El buen patrón', de Fernando León de Aranoa, contará con 20 candidaturas aos Premios Goya, e bate así a marca histórica que tiña 'Días contados', de Imanol Uribe.

Como películas favoritas para esta 36ª edición dos premios do cine español séguena 'Maixabel', de Icíar Bollaín, con 14 candidaturas, 'Madres paralelas', de Pedro Almodóvar, con oito, 'Libertad', de Clara Roquet e 'Mediterráneo', de Marcel Barrena.

Blanca Portillo, Emma Suárez, Penélope Cruz e Petra Martínez son as candidatas á estatuíña de mellor actriz.

Luís Tosar competirá con Javier Bardem, Javier Gutiérrez e Eduard Fernández polo premio a mellor actor.

O presidente da Academia de Cine, Mariano Barroso, comezou o acto cunha lembranza á escritora Almudena Grandes, falecida o sábado e patroa de honra da fundación da Academia. Recordouna como "un referente polo seu compromiso, dignidade e posición a favor dos máis desfavorecidos".

A obra de León de Aranoa, unha sátira sobre o mundo laboral, opta, ademais de a ser elixida mellor película, ás categorías de mellor dirección, guión orixinal, dirección de fotografía, son, montaxe, efectos especiais, dirección artística, maquillaxe e perruquería, dirección de produción e música orixinal.

Ademais, arrasa nas categorías de interpretación, porque ademais de Bardem como actor protagonista, suma as candidaturas do galego Celso Bugallo e de Fernando Albizu e Manolo Solo como mellores actores de reparto. Igualmente, Almudena Amor opta ao premio a mellor actriz revelación e na mesma categoría masculina foron elixidos Óscar de la Fuente e Tarik Rmili.

Na mellor dirección, o xurado deberá decidir entre León de Aranoa, Manuel Martín Cuenca por 'La hija', Almodóvar por 'Madres paralelas' e Icíar Bollaín por 'Maixabel'.

Na mellor dirección novel competirán Carol Rodríguez Colás por 'Chavalas', Javier Marco Rico por 'Josefina', David Martín de los Santos por 'La vida era eso' e Clara Roquet por 'Libertad'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade