Publicador de contidos

Publicador de contidos

Déborah García Bello: "Fixemos un camiño de ida e volta, para que os científicos tamén aprenderan dos artistas"

Déborah García Bello: "Fixemos un camiño de ida e volta, para que os científicos tamén aprenderan dos artistas"

'CICAGallery' é un proxecto de residencias artísticas do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía cuxo resultado podemos ver en DIDAC Compostela

O proxecto nado na UDC naceu como unha prolongación do 'Laboratorio de Formas' de Sargadelos

Verónica Moar, Breogán Xague, Irene Sáez, Cillas Rodriguez e Inés Rodriguez son os artistas e UDCSólidos, Biocost, Aquaterra, Exprela, e Nanoself son os grupos investigadores
 

Deborah García Bello, cocoordinadora do proxecto
G24.gal 04/05/2024 11:30 Última actualización 30/04/2024 17:07

Aos dezaseis anos o noso sistema educativo fainos elixir entre ciencias ou letras e artes. Mundos que semellan quedar afastados. Afastados de entendemento e de conexión. Por iso as iniciativas para reunirnos son marabillosas e dan curiosas sinerxias. CICAGallery é un proxecto de residencias artísticas no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña. Cinco artistas conviviron con equipos de investigación científica e o resultado son pezas de arte que podemos ver na DIDAC de Santiago. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade