De Ninghures: "É o noso disco máis desinhibido e bebe de todos os directos que fixemos"
'Feira', producido por Juan de Dios Martín, aposta pola evolución sonora, desde a música popular ata experimentación
'O último baile' e 'En fin, que máis dá' son os dous últimos videoclips que lanzaron antes da publicación do disco
De Ninghures presenta 'Feira' o xoves 13 de marzo na Sala Capitol, Santiago
"Que importa quen conduza, quen vai diante,
quen se poña ao volante,
xa que en calquera instante
comezamos a cantar"
E parte da letra de 'En fin, que máis dá', o último sinxelo que lanzaban De Ninghures antes da publicar o seu novo album, 'Feira'. Quedan apenas uns días para que o presenten ao vivo en Compostela e queremos saber máis cousas sobre este traballo. Por iso hoxe conversamos con Aldara Palmeiro e Manu Lucas, dous dos integrantes da banda.