Publicador de contidos

Publicador de contidos

Choiño, o percebeiro de Ferrol que triunfa en TikTok con videos sobre o seu día a día no mar

Choiño, o percebeiro de Ferrol que triunfa en TikTok con videos sobre o seu día a día no mar

En catro meses os seus vídeos acumulan máis de 7 millóns 700.000 visualizacións

G24.gal 14/01/2026 20:19

Atopamos a Ramón no porto de Ferrol a bordo de La Verona, a súa embarcación. Este mariscador comparte en redes o seu día a día no mar. "Eu vou co móbil e sen plan ningún", di.

En catro meses os seus vídeos acumulan máis de 7 millóns 700.000 visualizacións en TikTok.

"Comentábanme que o prezo do percebe era moi caro e fixen un vídeo no mar, e cando cheguei á casa xa tiña 100.000 reproducións. Quedei abraiado. Subín outro e máis de 100.000 tamén. E así comezou a cousa como unha bromiña e aquí estamos".

Tamén sobe as súas receitas porque a cociña é outras das súas paixóns.

"Porque digo eu que hai moita xente que sobe receitas, pero as miñas veas moita xente e non sei por que será".

El é o primeiro sorprendido pola interacción que xeran os seus contidos que, asegura, seguirá creando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade