Publicador de contidos

Publicador de contidos

As agresións contra o persoal sanitario poderán sancionarse en Galicia con 300 a 15.000 euros

As agresións contra o persoal sanitario poderán sancionarse en Galicia con 300 a 15.000 euros

Unha modificación legal prevé sancións de 300 a 15.000 euros aos agresores de médicos, enfermeiros e outros profesionais do sistema de saúde en Galicia

G24.gal 02/05/2026 10:59

Unha modificación legal que entra en vigor este sábado prevé sancións de 300 a 15.000 euros aos agresores de médicos, enfermeiros e outros profesionais do sistema de saúde en Galicia.

Trátase dunha modificación da lexislación de 2008, que foi publica hoxe no Boletín oficial del Estado e que se estendeu a todos os profesionais do sector, incluído os do transporte de enfermos ou feridos.

A normativa sinala que no 2024 houbo 856 profesionais do sistema de saúde en Galicia que denunciaron "algún tipo de violencia", dos cales 516 "sufriron agresións verbais ou xestuais" e 340 "experimentaron violencia física".

Ademais, ese ano houbo nos servizos de atención primaria e extrahospitalaria 511 "actos de violencia", segundo sinala o texto.

As sancións máis leves serán as relativas a "falta de respecto ou o insulto ás autoridades sanitarias e os seus axentes e ás profesionais ou os profesionais" ou as que teñan que ver con "actos ou condutas que alteren ou perturben o desenvolvemento normal da actividade asistencial ou o funcionamento ordinario dos centros sanitarios".

Tamén a normativa prevé infraccións leves por "destrución, menoscabo ou deterioración de instalacións e equipos de centros sanitarios ou medios de transporte sanitario".

Entre as sancións graves destacan "a resistencia, ameazas, coacción, acoso dixital ou ciberacoso, acoso psicolóxico e represalias ás autoridades sanitarias ou os seus axentes e aos profesionais ou as profesionais" do sector, especialmente en casos de reincidencia.

Esas sancións poderanse aplicar sen prexuízo de que as agresións poidan ser denunciadas antes as autoridades pola vía xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos