Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega a película do ano en Italia e carteleira con Begoña Vázquez

Chega a película do ano en Italia e carteleira con Begoña Vázquez

Sempre nos quedará mañá, filme do ano en Italia sobre a violencia de xénero

Mamífera reflexiona sobre o aborto e reivindica as mulleres que libremente deciden non ter fillos

+Cuñados consegue ser a película máis vista nas salas galegas na súa estrea en cinemas

G24.gal 25/04/2024 14:31 Última actualización 25/04/2024 16:49

Sempre nos quedará mañá é o fenómeno do ano en salas italianas onde emocionou a máis de 5 millóns de persoas. É da polifacética Paola Cortellesi: actriz, autora, cómica, imitadora e cantante. Non só dirixe a película, senón que tamén é a protagonista. Ela interpreta a Delia, unha muller que sofre os malos tratos do seu marido ata que a súa vida cambia por completo.

Mamífera é un relato sobre unha muller de 40 anos que, sen querer, queda embarazada. Sempre tivo claro que non quería ser nai… e enfróntase ó prazo de tres días que marca a lei para reafirmarse na decisión de abortar. A directora é Liliana Torres e a galega Lucía Pan leva a dirección de fotografía do filme.

+Cuñados consegue ser a película máis vista nas salas galegas na súa estrea en cinemas
O filme inicia a súa segunda semana manténdose en 31 cines de Galicia, récord absoluto dunha estrea comercial no noso territorio. Haberá pases coloquio co equipo da película en Lugo, Santiago e Marín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade