Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carmen Villar: "A poesía para min é a realidade filtrada a través dos soños"

Carmen Villar: "A poesía para min é a realidade filtrada a través dos soños"

O poemario é unha viaxe cara ao íntimo e a memoria. Os poemas son compilación dos que publica case a diario na redes sociais

A poeta e xornalista desenvolve un proxecto fotopoético en varias redes sociais como Carmen de Milmanda

'Os mil e un día', editado por Xerais, é a súa primeira obra individual, con fotografías e debuxos da súa autoría

 

G24.gal 03/10/2023 15:35 Última actualización 03/10/2023 16:31

"Repetimos os erros, unha e outra vez, ata que os facemos ben, ata que son, perfectos. O mesmo ocorre cos medos". Son versos de 'Os mil e un días', un fotopoemario de Carmen Villar Alonso, que ás veces publicaba a través de Twitter ou de Instagram, pero que agora se editan en soporte de papel.

Son 111 poemas +1 antes da apocalipse... porque escribe ela que todos, absolutamente todos, todos os días, o sol abandónanos, pero temos unha fe absoluta en que volverá de novo. Son as nosas pequenas apocalipses; algunha delas tecidas nestes versos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar