Cargando resultados...
'Blues de Medianoite': unha homenaxe ás grandes damas do blues
Blues de Medianoite estréase este sábado no Pazo de Cultura de Carballo
Un espectáculo multidisciplinar que mestura música e danza
G24.gal
14/04/2023 16:06
Última actualización 14/04/2023 17:21
"Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min". Esta é unha frase da peza de danza Blues de medianoite, estrea no Festival Primavera en Danza de Carballo. Unha montaxe na que se reivindica a sensualidade da música negra e a grandes do xénero como Ella Filtgerald. Un traballo de Laboratorio Escénico Coop, cooperativa que nace en 2019.