Begoña Vázquez: "To bird or not to bird transmite sentimentos e problemas sociais"
To bird or not to bird, de Martín Romero, finalista a mellor curta de animación nos Premios Goya
Mads Mikkelsen abraia en A terra prometida, un filme a constancia e a ambición
Sala de profesores é a película alemá candidata aos Óscar a mellor filme estranxeiro
Martín Romero asina To bird or not to bird, unha curta producida por Abano e no País Vasco por Uniko. Os protagonistas son paxaros atrapados polas consecuencias do capitalismo feroz. O uso do branco e negro da forza á historia e remarca a sensación de tristura e desamparo que impregna a curtametraxe.
Das películas de estrea Begoña Vázquez escolle A terra prometida,unha película danesa protagonizada por Mads Mikkelsen, que conta a historia dun antigo oficial do exército empeñado en recuperar o título que lle corresponde, como fillo dun nobre e dunha criada.
Salientamos tamén, entre as estreas en cines Sala de profesores. É o filme que Alemaña propuxo para ós Óscar. A trama xira arredor dunha profesora atrapada nun conflito escolar coa xenofobia como pano de fondo.