Sexo e sentimentos a flor de pel en "Cando toco un animal"
Ángel Filgueira estrea no Festival de Autor de Barcelona 'Cando toco un animal'
Chega a carteleira o derradeiro filme de Agustí Villaronga
Sós contra a verdade: 11 actores contan a súa experiencia ante a covid
A colaboradora de cine Begoña Vázquez faise esco a da estrea do redondelán Ángel Filgueira no Festival de Autor de Barcelona, o da súa primeira longametraxe, titulada 'Cando toco un animal'. Unha fita en que aborda as relacións da xente moza, as distintas formas de quererse, sen prexuízos nin reservas.
Chega á carteleira Loli Tormenta, a obra póstuma do director Agustí Villaronga, que faleceu hai dous meses. Un filme atípico par o director de filmes tan escuros como 'Tras o cristal' ou 'Pa Negre'.
E tamén nos cinemas estréase o documental '19. Sós fronte á verdade'. Javier Kuhn entrevistou a 11 grandes actores e actrices coa idea de falar da covid e das súas experiencias no confinamento. Aparecen Luís Tosar, Javier Gutiérrez e María Castro entre outros.