Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aurelia Balseiro: "As moedas fálannos da arte, historia e crenzas das sociedades"

Aurelia Balseiro: "As moedas fálannos da arte, historia e crenzas das sociedades"

O Museo Provincial de Lugo mostra por primeira vez ao público o sestercio da caetra, un dos tres que existen no mundo

Os investigadores atribúen a acuñación da moeda ao campamento militar que deu orixe a Lucus Augusti

A mostra 'De monetaria galega' pódese ver Museo Provicial de Lugo ata o 30 de xuño

Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo
G24.gal 02/05/2023 15:04 Última actualización 02/05/2023 17:13

O Museo Provicial de Lugo ten unha fantástica colección numismática con máis de 10.000 moedas e medallas. Pero, sen dúbida, a grande estrela é unha peza que por primeira vez podemos ver na exposición 'De monetaria galega': o sestercio da caetra, tamén chamado sestercio de Augusto. Para que nos explique a importacia desta moeda e do que a numismática en xeral nos pode contar da historia, falamos coa directora do museo, Aurelia Balseiro.

'De monetaria galega', no Museo Provincial de Lugo, é unha mostra que lle dá a súa dimensión ao papel da numismática na cultura, na economía, na política e na sociedade galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar