Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aurelia Balseiro: "Os museos temos que buscar a representatividade da muller non só na arte, tamén na sociedade"

Aurelia Balseiro: "Os museos temos que buscar a representatividade da muller non só na arte, tamén na sociedade"

O Museo Provincial de Lugo está a realizar diversas accións para recuperar a memoria de artistas galegas

María Corredoira foi unha pintora galega de comezos do século XX que chegou a ter repercusión internacional

Foi tamén membro da Real Academia Galega de Belas Artes e do Seminario de Estudos Galegos
 

Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo
G24.gal 18/02/2024 11:30 Última actualización 15/02/2024 17:01

A historia de María Corredoira, pintora galega nada a finais de 1800 e enmarcada na chamada Xeración do 16, é como moitas outras a historia dunha artista non coñecida no que merece. O Museo Provincial de Lugo xa fixera unha ampla exposición sobre a figura da pintora e agora publica o catálogo. Un traballo de recuperación e investigación e sobre todo de divulgación da obra da pintora a cargo de Aurelia Balseiro, a coordinadora desta edición científica e directora do Museo Provincial de Lugo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade