Cargando resultados...
As mulleres caboverdianas de Burela protagonizan 'Se non marchas, non podes volver'
'Si ka badu, ka ta biradu' ('Se non marchas, non podes volver') proxéctase o 18 de decembro na Casa da Cultura de Burela
O documental, producido pola ONG Agareso, denuncia que a situación destas mulleres tras varias xeracións segue a ser precaria
G24.gal
13/12/2022 16:05
'Se non marchas, non podes volver' é o título do documental que a ONG Agareso e diversas universidades de Galicia presentan esta fin de semana en Burela. O filme aborda a emigración de Cabo Verde a Galicia desde o punto de vista das mulleres caboverdianas e o seu esforzo coidador de ida e volta.