Areta Bolado: "Defendemos as utopías, o noso discurso pode parecer naif, pero hai que apostar pola esperanza"
Areta Bolado: "Defendemos as utopías, o noso discurso pode parecer naif, pero hai que apostar pola esperanza"
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorga este 2025 o premio Xograresa de Outono a Areta Bolado
O xurado destacou a solidez da súa traxectoria, a súa linguaxe contemporánea, irreverente ou a versatilidade como creadora
Areta Bolado recollerá o galardón o sábado 11 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo
É unha creadora cunha linguaxe contemporánea, irreverente e estimulante e cun pulso creativo que ten como valores fundamentais: o feminismo e a inclusión. Así fala o xurado do FIOT da Xograresa de Outono 2025, Areta Bolado, que este sábado recolle o galardón no Pazo da Cultura de Carballo.
'As que limpan', unha coprodución da súa compañía A Panadaría co Centro Dramático Nacional aínda está en plena xira. Para a semana van estar en Vigo, na Sala Ártika, despois seguirán por varios lugares de España e Portugal, e o día 22 de novembro pechan a xira en Tui.
Pecha xira e pechan A Panadaría, unha compañía que durante os últimos 12 anos nos sorprendeu coas súas propostas atrevidas e transgresoras.