Andrea F. Maneiro: "É un libro de viaxe a pé, de pousarse en cousas pequenas"
'Meridiano orixe' é un libro de viaxes que percorre o mundo a través da poesía e dos instantes fuxidos capturados co cámara fotográfica
A autora leva o lector ata lugares como Vietnam, Exipto, A India, Chipre, Romanía, O Porto, Compostela ou O Carril
'Meridiano orixe', publicado por Alvarellos, gañou o L Premio de Poesía do Concello de Vilalba
"Hai pétalos vexetais ás regatas
no estanque do templo
Os pétalos-bandeira ondean
baixo o peso lene das libélulas
marcando o percorrido".
Son versos que nos introducen na vexetación dunha pagode vietamita. Quizas alí podemos tirar a foto do momento no que unha nena se achega ao estanque. Podemos facelo desde os versos e as imaxes de 'Meridiano orixe', que é o novo libro da poeta e fotógrafa Andrea Fernández Maneiro.