Cargando resultados...
Amal, o festival da esperanza nun tempo de destrución
O 2023, que está a ser un ano horrible para o mundo árabe, obrigou mesmo a mudar programación de Amal, o festival e cinema árabe
O luns inaugúrase en Santiago cunha conferencia da xornalista Esther Rebollo e a o economista Jesús Núñez titulada Palestina é Israel. Ninguén está a salvo
G24.gal
20/10/2023 14:42
Última actualización 20/10/2023 16:18
Amal en árabe significa esperanza. É precisamente a esperanza o que falta neste momento sombrizo para o mundo árabe. O festival Amal comeza o luns a súa vixésima primeira edición para ofrecer unha panorámica da diversa cinematografía do espazo euro árabe e intentar rachar coas imaxes esterotipadas que fabrica o monopolio occidental da información. É esta unha edición marcada polos masacres nos territorios ocupados.