Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Zarauza: "A liberdade no cinema hai que loitala"

Alfonso Zarauza: "A liberdade no cinema hai que loitala"

Un ciclo retrospectivo coa filmografía do director en Numax unha exposición en Compostela celebran o trinta aniversario da primeira película de Zarauza

Cada martes, ata finais de maio, Numax programa toda a súa filmografía. O día 20 proxectarase 'Ons' e o 28 'Malencolía' 

O espazo Zona C acolle a mostra 'Nunca deixará de chover no meu cinema' con documentos, fotografías e obxectos do seu percorrido e no Festival de Cans recollerá o premio Pedigree de Honra

G24.gal 14/05/2025 14:33 Última actualización 14/05/2025 16:51

"Nun proceso tan longo e que require tanta enerxía como é facer unha película, sempre deixas moitas cousas no camiño, pero ao final é liberador, debe ser algo parecido a parir". 

A frase é de Alfonso Zarauza, que leva trinta anos parindo películas e que agora volve a vista atrás para repasar e celebrar a súa frutífera traxectoria. E faino ademais cunha retrospectiva que repasa a súa obra fílmica e cunha exposición que leva por título 'Nunca deixará de chover no meu cinema'. Hoxe falamos con el aquí no estudio.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade